Tag Archives: o ventorrillo
O domingo botamos a andar do Ventorrillo á praia de Riazor
ACTIVIDADES | PASEOS POLO BARRIO Os Paseos polo Barrio comezan, literalmente, este domingo 9 de xuño. Aínda que o pasado 25 de maio xa nos vimos nunha das aulas do centro Ágora para confeccionar, de modo colaborativo, as catro rutas propostas pola coordinadora desta actividade, Cristina Anllo, agora é cando toca facer os camiño a pé, acabalos e fialos coa memoria. E como por algún sitio hai que empezar, farémolo cun itinerario entre O Ventorrillo e a praia de Riazor.
Este primeiro paseo ten en total 3,35 quilómetros, así que non botaremos máis de 4 horas a camiñar. Participar é moi sinxelo. Abonda con inscribirse enviando un correo a [email protected] e presentarse puntualmente o domingo ás 10 da mañá na entrada principal do Centro de Saúde do Ventorrillo, até onde podes desprazarte coas liñas 6, 6A e 7 do autobús urbano. Non esquezas de que vai isto e trae un calzado axeitado –pisaremos máis dun charco, con certeza–, protección contra o sol para a pel e a cabeza e algunha bebida para hidratarse.