Intervención nas aulas

Dúas liñas de actividades para implicar a comunidade educativa do barrio na investigación e posta en valor da memoria sonora e musical. En función da idade das alumnas e os alumnos que participan, propóñense tarefas distintas. Os máis cativos traballarán na representación plástica do son decorando parte das peanas que se empreguen na exposición final no Ágora. Os maiores continuarán coas súas familias a investigación iniciada na primeira fase de Música en Branco empregando os seus teléfonos móbiles. Todo ao longo do mes de xuño.

Advertisements