Mapa sonoro

Este sitio web será a ferramenta aglutinadora de todas as actividades, funcionará como arquivo dos materiais producidos durante as dúas fases do proxecto e permitirá ademais dar continuidade ás microhistorias da música que foron aparecendo durante o proceso de entrevistas. Os locais de ensaio que hai ou desapareceron. Os discos que algunha vez saíron das rúas da Agra do Orzán. Os músicos de referencia, agora ou hai vinte anos. As bandas que naceron, tocaron e decidiron deixalo ao tempo que medraba a veciñanza. Todo iso quedará documentado no blog de Música en Branco, en distintos formatos e soportes, e situado nun mapa que o usuario poderá navegar. Construirase entre os meses de maio e outubro.

Advertisements