Audioguías

NoTours é un proxecto do colectivo Escoitar.org que converte o barrio nun museo intelixente mediante o que denominan, nun xogo de palabras, “auralidade aumentada”. Recollendo os materiais sonoros producidos durante o desenvolvemento do proxecto –cancións, entrevistas, paisaxes sonoras– e a partir dun obradoiro aberto ao público no que se aprende a empregar a tecnoloxía, elabóranse audioguías xeolocalizando eses elementos no espazo físico do barrio, de maneira que calquera usuario cun dispositivo con capacidade GPS, como un teléfono móbil, pode percorrer o barrio e acceder á información incluída nesas rutas.

CALENDARIO

– Obradoiro NoTours. Data por determinar.
– Préstamo de audioguías ao público. En outubro, durante a exposición.

Advertisements