Un programa de radio itinerante conducido polo músico e comunicador Xurxo Souto, ex compoñente dos Diplomáticos de Monte Alto e veciño do barrio, ao que está ligado dende os seus primeiros pasos como intérprete hai xa dúas décadas. Os espazos, os protagonistas e os colectivos cos que se traballa son produto da investigación realizada na primeira fase de Música en Branco.
Trátase de visibilizar e compartir, a través do formato tradicional da radio en aberto, con público, esas microhistorias musicais e sonoras do barrio. Cada un dos nove programas, entre 60 e 120 minutos nos que se combinan entrevistas con actuacións musicais e rexistro do ambiente, grávase ao vivo nun lugar diferente da Agra do Orzán e almacénase, ao alcance de calquera, no arquivo sonoro do proxecto.
CALENDARIO
– Cara á Agra do Orzán. 20 de maio entre as 11 e as 12 horas. Programa inaugural coincidindo coa presentación pública do proxecto, cos medios entre os pasaxeiros habituais nun autobús da liña 7 entre a Praza de España e a contorna do Ágora.
http://www.ivoox.com/barriografia-1-lina-7-do-bus_md_2062086_1.mp3″– CEIP San Pedro de Visma. 22 de maio entre as 10 e as 13 horas. En colaboración coas alumnas e os alumnos do centro e o seu equipo docente, que mantén un espazo de radio libre durante os recreos.
http://www.ivoox.com/barriografia-2-ceip-san-pedro-visma_md_2070561_1.mp3″– Centro Cívico da Silva. 24 de maio entre as 18 e as 20 horas. No lugar de nacemento de Pucho Boedo, o centro cívico conta cun coro afeccionado de mulleres que tamén participará no programa.
http://www.ivoox.com/barriografia-3-centro-civico-da-silva_md_2079027_1.mp3″– Adega A Grade, na rúa Andrés Gaos. 31 de maio a partir das 20 horas. Un dos poucos lugares onde aínda se permite cantar e onde o fai cada venres o grupo de canto tradicional da AVV Agra do Orzán.
http://www.ivoox.com/barriografia-4-taberna-a-grade-31_md_2101820_1.mp3″– Rúa Barcelona. 8 de xuño de 11 a 14 horas. No eixe comercial e principal espazo de convivencia da veciñanza do barrio, aproveitando un dos momentos máis concorridos.
http://www.ivoox.com/barriografia-5-mercado-das-conchinas-8_md_2122220_1.mp3″– Club de Chave dos Mariñeiros. 14 de xuño a partir das 20 horas. Unha festa arredor da música e a memoria colectiva desta pequena comunidade ao pé do Ágora.
– Parque do Observatorio. 22 de xuño, entre as 11 e 14 horas. Unha romaría intercultural no espazo de desexo por definición da veciñanza, un emprazamento único na cidade.
– Katanga. 29 de xuño de 11 a 14 horas. Unha ollada ás identidades urbanas nunha praciña a carón das vivendas sociais na rúa Mosteiro de Caaveiro.
– Ágora. En outubro, durante a exposición de Música en Branco, nunha data por determinar. Recordo de todo o itinerario e despedida das Barriografías cun gran programa final no centro Ágora.