ACTIVIDADES | PASEOS POLO BARRIO Este sábado comeza Paseos polo Barrio, unha das oito liñas de actividades de Música en Branco. Cristina Anllo, de Microprojets, coordina esta iniciativa que liga o territorio e a memoria colectiva a través de catro camiñadas e dous obradoiros.
Antes de botar a andar hai que decidir por onde imos. Iso é o que faremos este sábado 25 de maio de 17 a 20 horas no centro Ágora nun obradoiro aberto ao público no que intentaremos trazar catro rutas a través da Agra do Orzán a partir da memoria oral da veciñanza.
Participar é de balde. Abonda con enviar un correo a [email protected] para reservar algunha das 45 prazas dispoñíbeis. Anímaste?
—
Procura máis información sobre os Paseos polo Barrio ou descarga o dossier da actividade.