Queres aprender a elaborar bombas de sementes?

ACTIVIDADES | PASEOS POLO BARRIO   Retomamos Música en Branco para enfiar xa o treito final do proxecto na Agra do Orzán. O vindeiro 6 de novembro presentaremos unha exposición no Ágora, na que se despregan os materiais documentais recollidos ao longo de todo o proceso, e as actividades que nos quedan pendentes até final de ano, como este obradoiro de creación de bombas de sementes con Cristina Anllo. Queres participar?

Temos prazas para 10 familiar neste obradoiro, que terá lugar o día 9 de novembro nas instalacións do Centro Ágora (Aula 9) entre as 17 e as 19 horas. É de balde, só tes que inscribirte enviándonos un correo a [email protected] e indicándonos, ademais do teu nome e forma de contacto, cantas persoas comporían o grupo.

De que se trata? O obradoiro pecha os Paseos polo Barrio de Cristina Anllo para Música en Branco. Aproveita o estado de desenvolvemento –rematada a floración, producen sementes– das plantas silvestres que se atopan nos bordos dos sendeiros e camiños que discorren polo barrio. Se a meteoroloxía o permite, sairemos recoller estas sementes para logo elaborar bombas e lanzalas, favorecendo a propagación destas especies na contorna.

Con esta acción de intervención paisaxística conseguimos incrementar a biodiversidade da zona, tanto no que respecta á flora como á fauna, e por extensión a biodiversidade sonora.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Gravatar
Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. ( Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. ( Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. ( Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. ( Sair / Cambiar )

Cancelar

Conectando a %s