Súmate a Música en Branco co teu microproxecto

Música en Branco

CONVOCATORIA PÚBLICA   Unha das oito liñas de actividade de Música en Branco é túa. Trátase dunha convocatoria pública para financiar varios microproxectos de intervención cultural nas coordenadas deste programa, arredor da memoria sonora e musical da Agra do Orzán. Está aberta a persoas físicas e xurídicas, tanto do barrio e a súa área de influencia como de calquera outro lugar de Galicia. Se a túa proposta resulta seleccionada cando se peche o prazo de recepción, o 30 de xuño, podes recibir até 2.000 ou 3.000 euros para desenvolver o teu proxecto.

Non tes máis que consultar as condicións da convocatoria e encher o formulario para participar neste proceso. Unha vez pechado o prazo de recepción de propostas, escolleremos entre as que máis e mellor se axusten ao contexto e os requisitos estabelecidos. A partir de aí, se a túa resulta seleccionada, o equipo de Música en Branco estará ao teu dispor e poderás manexar toda a documentación xerada na primeira fase, durante a investigación e mapeamento do barrio, para acabar de darlle forma ao teu microproxecto. Calquera dúbida, sexa a que sexa, escríbenos a musicaenbranco@gmail.com. Atenderemos decontado a túa consulta.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s