Escoita a Barriografía da taberna A Grade

ACTIVIDADES | BARRIOGRAFÍAS  “Si canta mal, no cante. Si canta bien, cante fuera”. Así foi como a “hostalaría de formica” dos anos setenta expulsou a canción dos bares e así foi como comezou Xurxo Souto a súa cuarta Barriografía para Música en Branco o pasado venres 31 de maio, contra as oito da tarde, alí onde “o talento popular insiste e resiste”. Na taberna A Grade, na rúa Andrés Gaos, no corazón da Agra do Orzán, co local ateigado e as gorxas dispostas para unha maratón vocal de hora e media.

Á beira de Xurxo, un dos protagonistas do serán: Ricardo Seixo, voz abenzoada, veciño do barrio, aínda que nado en Curtis, e porfiado animador do grupo de canto popular da Asociación de Veciños Agra do Orzán. A parroquia coñéceo precisamente por iso, pero esta Barriografía tamén serviu para rescatar grazas ao tocadiscos a súa traxectoria musical. Comezando por Regueifa (1979), un dos temas aos que lle poñía voz en Verbas Xeitosas –un grupo que nacera na Escola de Maxisterio da Coruña na primeira Transición e que chegaría a gravar dous LP–, e seguindo con Romance de cego: in memoriam de Federico García Lorca, colaboración con Suso Vaamonde para ¡Abolición!, disco colectivo contra a pena de morte.

As voces de Parabéns, en acción

As voces de Parabéns, en acción

Iso canto ao pasado, porque Seixo segue a argallar novos proxectos, non só na asociación de veciños, e esta Barriografía serviu para a estrea mundial, bromeaba Xurxo, do grupo Parabéns, que o ex vocalista de Verbas Xeitosas comparte con catro irmáns seus –Rafa, Pablo, Carlos e Suso, secretario xeral da CIG–, as voces tamén de Pepe Campos e Alberto Guitián, o percusionista Josecho Soutullo, a gaiteira e zanfonista Erea Estévez e a acordeonista moldava Galina Botnar. Xuntos compartiron algunhas pezas do seu repertorio.

Movéndose como podía entre a xente que enchía a taberna, Xurxo Souto entrevistou os músicos de Parabéns; algunhas das veciñas que participan nas actividades de música popular na AVV Agra do Orzán; a Noa Seixo, a profesora de baile e pandeireta; a José Rodríguez, afeccionado ao teatro, que deixou o corpo todo recitando Deitado frente ao mar de Celso Emilio Ferreiro; e mais a Amelia, a dona e cociñeira da Grade, que se chama así, por certo, pola grade que loce nunha das súas paredes, traída directamente de Celas de Peiro (Culleredo), de onde vén Amelia.

Xurxo Souto entrevista a Noa Seixo, profesora de baile e pandeireta na AVV Agra do Orzán

Xurxo Souto entrevista a Noa Seixo, profesora de baile e pandeireta na AVV Agra do Orzán

E así, entre cantar e cantar, fose unha nova versión da Foliada de Anllóns contra a megaminaría en Galicia, fose a primeira canción dedicada ao proxecto Música en Branco e composta por Ricardo Seixa sobre unha melodía popular, entre outras pezas, fóisenos nun suspiro a hora e media da cuarta Barriografía. A vindeira cita, o sábado 8 de xuño na rúa Barcelona. Búscanos á altura do número 27, a carón do mercado das Cunchiñas!

Aquí podes escoitar completa a gravación do programa:

http://www.ivoox.com/barriografia-4-taberna-a-grade-31_md_2101820_1.mp3″ Ir a descargar

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s