Compartindo o camiño (3): Marlene Anaya

ACTIVIDADES | PASEOS POLO BARRIO   O domingo 9 de xuño comezamos a segunda fase dos Paseos polo Barrio, ou o que é o mesmo, os percorridos a pé das catro rutas previamente trazadas no obradoiro colaborativo do pasado 25 de maio. Unhas quince persoas –ademais da coordinadora da actividade, Cristina Anllo, xunto co biólogo César López e parte do equipo de Música en Branco: memoria da Agra do Orzán– camiñaron durante catro horas dende O Ventorrillo até a praia de Riazor. Esta é a crónica que envía Marlene Anaya, unha das participantes.

Marlene Anaya escoita o que conta o biólogo César López durante a camiñada

Marlene Anaya escoita o que conta o biólogo César López durante a camiñada

“Segredos a voces na cidade, así lle chamei ao álbum de fotos que fixen co teléfono ao longo do percorrido do primeiro dos roteiros de Paseos polo Barrio, a razón é que todo o que atopamos polo medio do camiño ten unha presenza material indiscutible, pero que moitas veces non temos a oportunidade (ou non a buscamos) de ir á súa percura.

Namentres camiñamos nun ambiente distendido con certo contido de expectación, penso na primeira aproximación que fago á cidade de A Coruña –hai 16 anos–, os seus grandes iconos son o primeiro que se ve, a Torre de Hércules, as cristaleiras na zona portuaria, a cidade vella, o Castelo de Santo Antón, os festexos se alongas a estadía, o impacto visual que ofrece a cidade como fiestra aberta ao Atlántico; todo vai quedando na memoria incorporado xa como experiencia que se empeza a vivir acotío se é que vives na cidade mesma, ou con moita frecuencia ao vivir na súa área periférica, nos límites que axiña deixan de selo por mor da expansión da urbe.

Seguir lendo

Compartindo o camiño (2): rolda de opinións

ACTIVIDADES | PASEOS POLO BARRIO   O domingo 9 de xuño comezamos a segunda fase dos Paseos polo Barrio, ou o que é o mesmo, os percorridos a pé das catro rutas previamente trazadas no obradoiro colaborativo do pasado 25 de maio. Unhas quince persoas –ademais da coordinadora da actividade, Cristina Anllo, xunto co biólogo César López e parte do equipo de Música en Branco: memoria da Agra do Orzán– camiñaron durante catro horas dende O Ventorrillo até a praia de Riazor.

Na metade da ruta, ao chegar ao centro Ágora polo verde –pisando pouco asfalto nos 3,3 km do itinerario, por fortuna–, fixemos unha parada para descansar e poñer en común impresións.

Compartindo o camiño (1): Ricardo Seixo

ACTIVIDADES | PASEOS POLO BARRIO   O domingo 9 de xuño comezamos a segunda fase dos Paseos polo Barrio, ou o que é o mesmo, os percorridos a pé das catro rutas previamente trazadas no obradoiro colaborativo do pasado 25 de maio. Unhas quince persoas –ademais da coordinadora da actividade, Cristina Anllo, xunto co biólogo César López e parte do equipo de Música en Branco: memoria da Agra do Orzán– camiñaron durante catro horas dende O Ventorrillo até a praia de Riazor.

Ricardo Seixo olla para o pintafontes na man do biólogo César López

Ricardo Seixo olla para o pintafontes na man do biólogo César López

Como aos demais participantes, propuxémoslle a Ricardo Seixo, veciño do barrio que xa foi protagonista nunha das Barriografías de Xurxo Souto para este proxecto, que compartise con nós as súas impresións sobre a xornada. Como fixera xa noutra oportunidade, escribiu unha particular crónica sobre o percorrido e a constancia dos asistentes:

BARRIO DA AGRA: PERCORRIDO I

Dez e cuarto da mañá,
diante do Centro de Saúde,
poida que hoxe nos mollemos,
non sendo que o día mude.

Imos camiñar o barrio,
non iremos entre o millo,
desde o Centro de Saúde
do barrio do Ventorrillo.

E, por dar información
cómpre, por certo, dicir,
que atención xinecolóxica
rematan de a suprimir.

Cristina, César, Norberto,
Marlén, Cecilia, Dolores,
Jorge, Barca e Expósito,
algúns dos camiñadores.

Pilar, Lorena, Iago e Mónica
tamén do routeiro son,
eu ando tomando notas,
Fernando a gravar o son.

Seguir lendo