Este domingo, segunda camiñada: de Santa Margarita ao Portiño

ACTIVIDADES | PASEOS POLO BARRIO   Os Paseos polo Barrio continúan este domingo 16 de xuño coa segunda das catro rutas programadas. Logo do obradoiro colaborativo do pasado 25 de maio, no que se fixo unha primeira aproximación aos itinerarios, e do primeiro paseo propiamente dito, entre O Ventorrillo e a praia de Riazor o pasado domingo, toca agora camiñar o treito que separa o Parque de Santa Margarita e O Portiño.

Este segundo paseo ten en total 4,42 quilómetros, así que non botaremos máis de 4 horas a camiñar. Participar é moi sinxelo. Abonda con inscribirse enviando un correo a musicaenbranco@gmail.com e presentarse puntualmente o domingo ás 10 da mañá na entrada do Parque de Santa Margarita polas oficinas do Museo da Ciencia, até onde podes desprazarte coas liñas 6 e 6A do autobús urbano. Non esquezas de que vai isto e trae un calzado axeitado, protección contra o sol para a pel e a cabeza e algunha bebida para hidratarse.

COMO VAI SER A XORNADA?

Sairemos puntuais do Parque de Santa Margarita acompañados polo equipo de Música en Branco, a coordinadora destes Paseos polo Barrio, Cristina Anllo, e o experto convidado para interpretar dun xeito novo a paisaxe, neste caso Marco Antonio Rivas Nodas, arqueólogo municipal da Coruña. Ademais de camiñar, ao longo do traxecto faremos paradas para escoitar e documentar as historias dos veciños e a información que o experto nos vaia dando sobre as especies da flora e da fauna da contorna.

A ruta, desta vez, parte do centro da cidade para, apoiándose nunha serie de espazos verdes e zonas sen edificar que se van sucedencia, chegar ao Portiño. Seguiremos de forma imaxinaria o son da auga. Nunha primeira parte, ao longo da ruta da auga en sentido literal, que poderemos seguir a través dos restos arqueolóxicos do acueducto que se atopan no Paseo das Pontes. E nunha segunda parte, no propio acceso ao porto do Portiño.

Polo camiño, descubriremos a orixe do muíño da Gramela no parque (ou monte) de Santa Margarita e da igrexa dos Franciscanos, dúas edificacións que foron trasladadas dende a súa ubicación orixinal. A actividade que nesa zona da Avenida de Fisterra existiu nunha etapa na que, como agora, o barrio da Agra do Orzán era un dos bordos da cidade. O inicio das verbenas, a época dourada das orquestras e Pucho Boedo. Os vellos cinemas, como o Rex, ou imprentas como a Roel. Viveiros, fontes, hortas, lavadeiros. Un mundo desaparecido na contorna da actual Rolda de Nelle.

Logo de atravesar San Pedro de Visma baixaremos cara ao porto do Portiño, que xunto coa praia de Bens son os únicos puntos de acceso á costa dende esta cara da cidade. Percorreremos a ruta dos labores mariñeiros, mais tamén a das romarías do Carme ou as sardiñadas polo San Xoán.

COMO SE CONFECCIONOU ESTA RUTA?

Despois do taller participativo para o deseño do percorrido dos catro Paseos polo Barrio, onde os veciños e participantes elixiron as traxectorias, pásouselle o percorrido ao convidado á ruta. Este, dende a perspectiva da súa especialidade para a interpretación do territorio, percorre a ruta e introduce novos elementos –puntos de interese– ao percorrido do paseo. A seguinte actividade, este domingo 16 de xuño, é o percorrido da ruta narrada polos coñecedores do barrio –veciños e traballadores– así como polo convidado, especialista na interpretación dunha determinada área de análise da paisaxe así como de veciños doutros barrios da cidade interesados no coñecemento dese espazo da periferia urbana.

Pasamos da elección dunha traxectoria feita polos vecinos, baseada nos seus roteiros coñecidos para o desprazamento entre o barrio e a periferia, na que se conxugan os intereses e coñecementos persoais á hora de elixir un roteiro coa actitude de actuar como representante –coñecedor– da memoria do barrio, a realizar despois unha interpretación dende a perspectiva do especialista e contrastala agora coa percepción dese espazo. Un exercicio que reflicte a realidade de imaxe paisaxística da periferia urbana como espazo de intercambio, dinamismo e diversidade de contidos e que ficará exposto ao novo visitante a través de unha sinaléctica efémera que se colocará durante o percorrido.

About these ads

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s